España celebrou por segundo ano o Día Europeo da Diversidade cunha xornada organizada por Fundación Diversidad, xunto coa Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade.
Fundación Diversidad e a Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade celebraron por segundo ano consecutivo o Día Europeo da Diversidade, unha xornada que se desenvolveu este mércores, día 11 de xuño, e que contou con diferentes expertos en materia de diversidade.
Raquel Santamaría, directora de Fundación Diversidad, foi a encargada de abrir o acto xunto con Ignacio Sola, subdirector xeral para a Igualdade de Trato e a Non Discriminación do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, quen puxo de relevo a importancia de celebrar este día e o valor da diversidade como elemento vital para o desenvolvemento social e económico.
Raquel Santamaría presentou a campaña "Selfie pola Diversidade", creada para este día, na que se convidaba a subir "autofotos" cos compañeiros, a familia, os amigos, etc. demostrando así que a diversidade está en todas partes.
A continuación, puidéronse escoitar diferentes accións de apoio por parte da Unión Europea á xestión da diversidade, da man de D. Juan González-Mellizo, xefe da sección de políticas contra a discriminación da Dirección de Igualdade, Dirección Xeral de Xustiza, Comisión Europea, quen sinalou que "aínda queda moito por facer en materia de diversidade, xa que existe un gran descoñecemento por parte da sociedade sobre a existencia de organismos destinados á atención das vítimas de discriminación e tamén unha gran desinformación sobre os seus dereitos".
Muller, Solidariedade e Destino
Dª Marta Williams, recoñecida xornalista e coach, analizou o papel da muller nos postos directivos e animou as mulleres a seren solidarias unhas coas outras.
Williams matizou que, de acordo co estudo GRANT THORNTON INTERNATIONAL BUSINESS REPORT 2013, "en España, o 45% da forza laboral está constituída por mulleres; porén, a porcentaxe destas na dirección das empresas descendeu nos últimos anos. En 2011, o 24% das mulleres ocupaban postos directivos en empresas españolas de entre 100 e 500 persoas empregadas; en 2012 baixou ao 22% e en 2013 situouse no 21%. Só un 16% de todos os CEO das empresas españolas son mulleres, mentres que na Unión Europea a posición das mulleres é do 24%".
Citi e MetLife: Experiencias empresariais na xestión da diversidade
Dúas empresas socias de Fundación Diversidad, Citi e MetLife , foron as encargadas de presentar as políticas de xestión da diversidade que aplican nas súas empresas e puideron compartir con eles diferentes puntos de vista.
Citi achegounos o seu código de conduta e a multitude de iniciativas que desenvolveron nos seus máis de 10 anos de traballo coa diversidade. A diversidade forma parte do seu propio ADN, e xestionala permítelles ter unha estratexia de crecemento futuro e atender clientes que, pola súa vez, son moi diversos. Tamén desde Citi, puidemos coñecer os plans da organización para o desenvolvemento e a promoción dos empregados, que inclúen programas de formación, liderado e xestión do talento. Unha das súas iniciativas é a Rede de Mulleres, na que levan traballando 3 anos. Actualmente está integrada por 130 persoas, homes e mulleres, cun sponsor que dá visibilidade ao comité de dirección. En definitiva, esta rede busca a promoción da muller en todos os niveis. Entre as varias xornadas para fomentar a diversidade en toda a organización, celebran a Semana da Diversidade, que este ano terá lugar a última semana deste mes.
Por parte de MetLife, a xestión da diversidade tamén se leva a cabo a través dunha liña estratéxica diferenciada, que aposta por que a inclusión sexa tarefa de todos. Son os empregados os que teñen que propoñer que medidas necesitan para se sentir incluídos. Contan con dous líderes locais, un en España e outro en Portugal, que representan a voz do empregado para conseguir ese enfoque participativo que buscan desde a liña estratéxica da compañía, e esas medidas que propoñen os empregados son posteriormente validadas polo director xeral para a súa implantación. Á súa vez, contan con diferentes programas de mentoring ou xestión do talento que axudan os traballadores na súa promoción e ascenso a postos directivos.
Desde MetLife están empezando a traballar no ascenso das mulleres a postos de alta dirección e, nesta liña, lanzaron recentemente WomNet, (Women Network), que ten como misión apoiar e fomentar o desenvolvemento profesional mediante a detección, a atracción e a retención do talento das mulleres profesionais na compañía.
Á súa vez, puidemos contar cunha mesa integrada por representantes do Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación, do Ministerio de Emprego e Seguridade Social e do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, que presentaron as liñas de traballo en materia de fomento da responsabilidade social empresarial, empresa e dereitos humanos e políticas de impulso da igualdade de oportunidades no ámbito laboral, que mostran a implicación das administracións públicas coa xestión da diversidade e coa aplicación de políticas de igualdade.
Así, púxose de relevo como, en materia de presenza de mulleres en postos de dirección, nos consellos de administración das empresas do IBEX 35, no mesmo período se pasou dun 11% en 2011 a un 15% en 2013 (datos da UE), e os datos de elaboración propia mostran que en 2014 supera o 18%. A mesma tendencia se observa nos datos de mulleres das empresas do IBEX 35 que son membros da alta dirección, que pasan do 7,8% ao 12,9% en 2012.
Javier Benavente Barrón, presidente de Fundación Diversidad, foi o encargado, xunto con Carmen Plaza, directora xeral de Igualdade, de clausurar o acto, informando de que este ano poñerán en marcha conxuntamente os primeiros recoñecementos á xestión da diversidade nas empresas, premios que se enmarcan dentro do convenio de colaboración subscrito entre a Dirección Xeral de Igualdade de Oportunidades e Fundación Diversidad.
A DIVERSIDADE É UNHA TAREFA DE TODOS