A Federación de Familias Numerosas premia o labor empresarial do Grupo Alares

O galardón foi entregado no VI Congreso Nacional de Familias Numerosas, celebrado en Pamplona

Alares®, Expertos en Asistencia Familiar, foi galardoada polo seu labor empresarial, na categoría de «Empresa» na II Edición dos Premios «José Ramón Losana», da Federación de Familias Numerosas. Este galardón foi entregado no seu VI Congreso Nacional.

Os Premios «Familia Numerosa José Ramón Losana» foron creados no ano 2006 pola Federación Española de Familias Numerosas para recoñecer o labor daquelas entidades públicas e privadas que, no marco da súa actividade, apoian a familia e, en especial, as familias numerosas. Os premios están divididos en catro categorías: Medio de Comunicación, Empresa, Organismo Público e Recoñecemento Individual.

Chamáronse así en memoria do anterior presidente da Federación Española de Familias Numerosas, José Ramón Losana, quen dedicou moitos anos da súa vida, moitos esforzos e moita ilusión a mellorar a protección e os dereitos destas familias.

Alares®, cobre a prioridade número un das persoas: a familia, coidando e atendendo as necesidades do día a día das persoas: nenos, maiores, persoas dependentes,… mellorando a súa calidade de vida.

Este galardón súmase ao Premio Empresarial «Familia» 2007 á Conciliación da Vida Laboral, Familiar e Persoal, outorgado tamén este mesmo ano polo Grupo de Entidades Catalás (GEC) da Familia.