A Fundación Alares® pon en marcha o maior Congreso sobre calidade de vida e competitividade
Igualdade, conciliación persoal e laboral, dependencia e diversidade; e a influencia estratéxica destes conceptos na competitividade empresarial, serán obxecto de debate, dentro duns meses, por primeira vez en España, no Congreso que a Fundación Alares® planea celebrar os próximos 20 e 21 de febreiro no Recinto Ferial IFEMA de Madrid. Será o primeiro dos foros anuais de encontro internacional promovidos por esta Fundación para o intercambio de experiencias sobre os asuntos de actualidade máis sensibles nas sociedades desenvolvidas. O Congreso vai dirixido tanto aos primeiros executivos das empresas como aos responsables de institucións públicas e profesionais que poidan ter algunha relación cos temas desenvolvidos. De feito, está concibido como unha vía para transmitir coñecementos teóricos e experiencias prácticas e, ao mesmo tempo, entrar en contacto con profesionais doutros países con intereses comúns. O Congreso ten capacidade para 1.200 asistentes. Ademais de España, participarán os Estados Unidos, o Canadá, Francia, o Reino Unido, Dinamarca, Alemaña, a República Checa e Irlanda, entre outros. A temática do Congreso abrangue os aspectos máis importantes que conforman os novos conceptos da vida colectiva que están a transformar a sociedade nos inicios deste novo século XXI, facendo especial referencia ao seu impacto na produtividade e na competitividade das empresas. Coa asistencia de máis de 20 países e a participación dos mellores relatores e conferenciantes, tanto nacionais como internacionais, abordaranse as últimas tendencias teóricas, as experiencias prácticas e os resultados obtidos en distintos países nos temas obxecto do congreso. É un punto de encontro e referencia para a sociedade empresarial, civil e institucional. O formato no que se abordarán os contidos deste I Congreso Internacional “Calidade de Vida e Competitividade Empresarial” combinará máis de 40 relatorios eminentemente prácticos, programados nos distintos ámbitos que aborda, e estará composto por: sesións plenarias. Conferencias paralelas. Experiencias de empresas, países e institucións. Mesas de traballo. Perfil dos asistentes:
Dependencia, conciliación e novos modelos familiares A dependencia constitúe unha realidade cada vez máis evidente do noso contorno. A incorporación da muller ao traballo, o aumento da esperanza de vida, o envellecemento da poboación, etc., fan que a dependencia adquira unha grande importancia na nosa sociedade. A preocupación do traballador polas persoas ao seu cargo que precisan coidados especiais provoca estrés, perda de atención no desempeño do seu traballo e, polo tanto, unha diminución da súa produtividade. Tamén se abordará no Congreso o tema da discapacidade e a súa integración no contorno empresarial e social. Tanto as empresas como o resto das organizacións que conforman a nosa realidade social deben ser conscientes de que un tratamento axeitado destes temas, en todas as súas vertentes, tamén é responsabilidade súa e constitúe un dos piares fundamentais do benestar social e da competitividade. No congreso analizaranse diferentes políticas gobernamentais levadas a cabo en distintas rexións e países, así como a avaliación dos seus resultados. Tendencias Neste módulo exporanse as principais perspectivas en materia de conciliación, igualdade, diversidade, dependencia e competitividade empresarial. Os expertos exporán as súas experiencias, reflexións e perspectivas de futuro sobre estas variables. Políticas gobernamentais locais, nacionais e internacionais As políticas dos gobernos, desde o nivel local ata o internacional, exercen unha función tractora para a consecución do benestar das persoas ás que representan. Son conscientes de que foron elixidos para xestionar eficientemente os recursos da sociedade. O obxectivo das súas actuacións está marcado por satisfacer as necesidades dos individuos e dos demais grupos que compoñen o tecido social. Neste apartado, os organismos públicos locais, autonómicos, nacionais e internacionais exporán as iniciativas e políticas que están a desenvolver en cada unha das áreas temáticas do congreso. Estes temas analizaríanse sempre tendo en conta o seu impacto, tanto na evolución da sociedade como na competitividade empresarial.
- As principais empresas establecidas en España, representadas polos seus accionistas, executivos, directivos e profesionais, así como outras non establecidas en España pero con intereses na temática do congreso.
- Institucións públicas e privadas de ámbito local, autonómico, nacional e internacional.
- Embaixadas estranxeiras no noso país.
- Universidades e escolas de negocios españolas e doutros países.
- Asociacións, organizacións empresariais, sindicais e fundacións, tanto españolas como doutros países.
- Persoas, profesionais independentes e investigadores implicados ou sensibles ao tema do Congreso.
- Medios de comunicación.
- As principais empresas prestadoras de servizos ás persoas e ao sector privado en xeral
- Provedores de produtos e servizos para as administracións públicas e empresas privadas
- Institucións públicas de ámbito local, autonómico, nacional ou internacional
- Institucións financeiras e compañías de seguros
- Consultoras
- Empresas editoras
- Empresas inmobiliarias con intereses nos temas do congreso
- ONG e fundacións
- Centros de investigación, universidades e escolas de negocios
- Etc.


