A Fundación para a Diversidade recibe o Premio pola Conciliación e a Igualdade do Concello de Alcobendas

O municipio madrileño recoñece o valor que ten a difusión do Charter da Diversidade en España, ao que xa se adheriron máis de 650 organizacións.

A Fundación para a Diversidade recibe o Premio pola Conciliación e a Igualdade do Concello de Alcobendas. O prestixioso galardón quere recoñecer o valor que achega a organización á sociedade coa súa tarefa de difundir e promover o Charter da Diversidade en España, ademais de traballar pola igualdade de oportunidades. Javier Benavente, presidente da Fundación para a Diversidade, foi o encargado de recibir o premio e aproveitou a ocasión para agradecerlles ás autoridades o moito que significa este recoñecemento para o equipo da Fundación para a Diversidade.

Unha das liñas de traballo da Fundación para a Diversidade baséase en traballar pola igualdade real nas organizacións. Neste sentido, Javier Benavente fixo especial fincapé en que: "debemos traballar desde as organizacións para que a igualdade e a conciliación sexan unha realidade. Sabemos que deste xeito poderemos obter o mellor do capital humano co que traballamos e, en consecuencia, poderemos ter empresas máis competitivas, sostibles e nas que o talento sexa o eixo principal". Benavente tamén quixo salientar o papel que desempeñou a Fundación Alares na creación e desenvolvemento da Fundación para a Diversidade, desde que en marzo de 2009 nacese co apoio do Ministerio de Igualdade e Política Social. Ambas as organizacións traballan de forma paralela dentro do Grupo Alares, onde desenvolven os principios sociais da compañía.

Os Premios pola Conciliación e a Igualdade do Concello de Alcobendas celebraron a súa primeira edición en 2003. O seu enorme e prestixioso palmarés avalaos, por iso para a Fundación para a Diversidade é todo un privilexio estar entre eles. Premios coma estes son un exemplo de que a cultura social vai cambiando pouco a pouco e, polo tanto, tamén a fórmula de xestionar o equipo humano das organizacións.

Para máis información: María Vaz Departamento de Comunicación da Fundación para a Diversidade 91 275 05 00 prensa@fundaciondiversidad.org