Acabáronse as vantaxes sen emoción. O cliente de hoxe en día sedúcese a través do corazón e do sentimento de empatía. Así que, se a túa marca necesita fidelizar un cliente, non o dubides e súmate á tendencia que máis e mellores resultados dá: humaniza os teus produtos. Unha nanny para coidar dos fillos dos teus clientes, telefarmacia de medicamentos a domicilio a calquera hora do día ou da noite, un profesor particular para cando algún neno está enfermo, un «manitas» para axudarlle a montar un moble ou un chofer para as súas urxencias ou ante unha situación de indisposición ou exceso de alcohol. Cada un destes servizos é capaz de achegar o valor engadido que o teu produto necesita, porque os teus clientes o necesitan! Ademais, daralle un toque especial de humanidade e de Responsabilidade Social, porque estarás máis preto, se cabe, dos teus clientes.
Que mellor forma de reter un cliente que entrando a dar solución aos imprevistos da súa vida diaria? Todo iso, por suposto, independentemente das coberturas do seguro. Hoxe en día, os servizos persoais teñen a vantaxe de que se usan a diario, son necesarios, nunca caducan e non pasan de moda. Ademais, como en moitas ocasións a familia participa na toma de decisións á hora de comprar un produto, hai que pensar nela, en mellorar a súa Calidade de Vida e Benestar.
En definitiva, unha tendencia que se impón no mercado e que, ademais de atraer novos clientes, fideliza desde o corazón. E niso somos expertos en Alares como líderes do sector; é a nosa razón de ser: traballamos para que todas as persoas dispoñan duns servizos mínimos necesarios na súa vida diaria que melloren o seu benestar, independencia e Calidade de Vida, ademais de axudarlles a conciliar a súa vida persoal, familiar e laboral.


