As persoas cidadás europeas opinan sobre a Estratexia de Discapacidade

A Comisión Europea quere que a cidadanía opine. Para iso, lanzou unha campaña sobre "os problemas das persoas con discapacidade e as posibilidades de solución mediante unha nova Estratexia Europea sobre Discapacidade 2010-2012". Esta iniciativa, creada pola Comisión Europea (CE), pon en marcha unha consulta pública, na que invita a participar tanto a cidadanía como as organizacións sociais, empresas e administracións públicas. A consulta permanecerá aberta ata o 4 de xaneiro de 2010. Na Unión Europea calcúlase que viven aproximadamente 50 millóns de persoas que teñen algún tipo de discapacidade e, polo tanto, constitúen un dos grupos máis amplos en posible risco de exclusión social e laboral. Por iso, a nova estratexia formulada pola UE é a inclusión activa deste colectivo, que contará cos mesmos dereitos e oportunidades que o resto da cidadanía europea. Desde a Fundación Alares® queremos transmitir o noso total apoio a esta iniciativa e animamos todas as autoridades a seguir o exemplo da Comisión Europea. Para acceder directamente á Consulta Pública, faga clic aquí