Baixo este título, o Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad (CERMI) publicou un informe que recolle os efectos que a actual crise económica provoca nas estratexias de Responsabilidade Social Corporativa en materia de discapacidade. Este estudo é un intento de determinar se a situación económica e social do noso país supuxo unha redución nos proxectos de RSC para a inclusión e a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade.
A conclusión deste estudo, segundo informa o CERMI, é que, por regra xeral, as empresas destinaron menos recursos ás súas políticas de acción social polos efectos da crise. Porén, esta redución é menos acusada naquelas entidades que consideran a RSC unha cuestión estratéxica.
"A responsabilidade social empresarial no ámbito da discapacidade RSE-D. Dimensión, contido e tendencias en época de crise"