As 10 pautas da conciliación

Con motivo do Día da Muller celebrado onte, a Comisión Nacional para a Racionalización dos Horarios Españois e ARHOE publicou dez pautas que as mulleres traballadoras deben ter presentes para lograr a conciliación da súa vida laboral, persoal e familiar.

O obxectivo deste documento é facerlles ver ás mulleres que non deben renunciar á súa vida privada a favor da profesional ou viceversa, senón que este aspecto debe ser un obxectivo irrenunciable, xa que, como precisan os expertos, «conciliar non é traballar menos, senón facelo dun xeito máis eficaz e produtivo». Ademais, este informe destaca que a muller non ten que xustificarse cando reclama tempo para conciliar, porque a empresa non lle está facendo ningún favor cando llo concede. Neste sentido, este decálogo insiste en que a xornada laboral debe cumprirse e que os permisos especiais e as reducións de xornada deben acatar o estipulado.