As empresas poderán solicitar ser recoñecidas polo seu labor social

Verónica Sánchez

As empresas poderán solicitar voluntariamente ser recoñecidas como empresas socialmente responsables, segundo se recolle no anteproxecto de Lei de Economía Sustentable e tal como explica Juan José Barrera, director xeral da Economía Social, do Traballo Autónomo e da RSE do Ministerio de Traballo e Inmigración. Deste xeito, todas aquelas entidades que acaden un nivel mínimo dos indicadores previstos en materia de RSC poderán solicitar este recoñecemento.

Estes indicadores estableceraos o Consello Estatal de Responsabilidade Social das Empresas e basearanse fundamentalmente na transparencia, o bo goberno, o compromiso social co ámbito local e co medio ambiente, o respecto polos dereitos humanos, as relacións laborais, a igualdade efectiva e a igualdade de oportunidades. Isto, sen dúbida, axudará a promover a RSC. Ademais, o propio anteproxecto recolle a intención do Goberno de incentivar que as empresas se autoavalíen nesta materia, a través dos indicadores mencionados anteriormente.