“As persoas con discapacidade apostan por conciliar a vida persoal e profesional para lograr así unha maior integración social”

O Grupo Alares participa no ciclo de conferencias organizado pola V Feira de Emprego para Persoas con Discapacidade de Madrid e salienta o valor da formación de calidade como clave para conseguir unha maior Calidade de Vida

A conciliación da vida laboral e persoal preséntase como un novo reto para as persoas con discapacidade. A Feira de Emprego para Persoas con Discapacidade da Comunidade de Madrid reúne na súa quinta edición máis de 100 institucións que traballan a prol das persoas con discapacidade. Entre as actividades organizadas, destaca o ciclo de conferencias arredor da discapacidade e o emprego, no que participou a directora da Fundación Alares, Mar Aguilera, cunha intervención baixo o título de "Conciliación da vida familiar e discapacidade". Aguilera asegura que: "Conciliar supón, polo tanto, crear as condicións para unha mellora da competitividade. Pero, sobre todo, erradicar condicións para a discriminación que empobrecen a economía, reducen a calidade de vida cidadá e desaproveitan o talento de quen non pode desenvolver a súa carreira laboral e profesional como lle gustaría".

O Grupo Alares conta cun posto propio, onde a Fundación Alares, Alares Empleo ETT e Alares Social CEE informan sobre as posibilidades laborais e as estratexias específicas para a procura de emprego, así como sobre os beneficios para as organizacións á hora de contratar persoas con discapacidade. Para o Grupo, con máis de 12 anos de experiencia traballando pola Calidade de Vida, é imprescindible ter en conta a conciliación como ferramenta clave para lograr unha integración na sociedade real e 100 % completa.

A feira

Baixo o lema "Emprega a túa capacidade", a V Feira de Emprego para persoas con discapacidade quixo contar coa participación do Grupo Alares, cuxo enfoque se basea en ser a solución global para as empresas que necesitan integrar persoas con discapacidade nos seus cadros de persoal. O enfoque resolutivo é posible grazas á unión entre Fundación Alares e Alares Social CEE, que presentan este ano unha nova ferramenta para que as empresas poidan "probar" se a persoa é axeitada para o posto. Trátase de Alares Empleo ETT, cuxo obxectivo é ofrecer ás organizacións a posibilidade de contratar temporalmente a persoa con discapacidade que necesitan.

As persoas asistentes á feira poden acudir ao posto do Grupo Alares e coñecer de primeira man o potencial laboral das persoas con discapacidade, os grandes nichos de emprego que existen no sector das persoas e, por suposto, a importancia dunha formación axeitada ás necesidades de cada empresa. Todos estes principios baséanse na filosofía do grupo, que soubo recoñecer as diferentes circunstancias polas que atravesa unha organización á hora de cumprir coa LISMI. Por este motivo, a solución global que ofrece o Grupo Alares a través das súas tres organizacións dá a posibilidade de integrar unha persoa con discapacidade de diferentes formas, é dicir, a Fundación Alares a través dos seus recursos como organización sen ánimo de lucro, Alares Social CEE a través da súa actividade como consultoría e Alares Empleo ETT a través da selección e contratación de persoal axeitado ás necesidades das empresas clientes.

Para máis información:

María Vaz

Responsable de Comunicación da Fundación Alares®

91 275 05 55

mvaz@alares.es

www.fundacionalares.es