Os informes de RSC axudan a recuperar a confianza nas empresas

Os informes de responsabilidade social elaborados polas organizacións axudan a recuperar a confianza nas empresas, no sector financeiro e nos gobernos, perdida pola crise actual. Esta é unha das conclusións ás que chegan varias investigacións apoiadas pola Global Reporting Initiative. Ademais, estes informes destacan que a economía global tende a acadar maiores niveis de transparencia, xa que as grandes compañías se están convertendo nun punto importante para os grupos de interese, que esperan delas un alto grao de transparencia nos seus produtos e servizos. Estas investigacións demostran tamén que se está avanzando na regulación da elaboración de informes, así como na relación que estes teñen cos desafíos da sociedade actual.