Os Premios Príncipe de Asturias, exemplo de accesibilidade para as persoas con discapacidade

O pasado venres, Oviedo volveu acoller a tradicional Gala dos Premios Príncipe de Asturias. Nesta ocasión, ademais de celebrar o magnífico palmarés deste ano, na Fundación Alares queremos salientar a importante iniciativa da organización para facer aínda máis accesible a cerimonia de 2012. A través dun panel realizado especialmente para este acto por Vía Libre, as persoas con discapacidade puideron seguir a retransmisión da Gala en directo.
Vía Libre ideou para a ocasión un plano táctil da planta baixa e un directorio das dependencias do hotel Reconquista de Oviedo, en dúas dimensións, sobre un atril e a unha altura que permitise o seu acceso a unha persoa en cadeira de rodas ou de baixa estatura. Ademais, as persoas con discapacidade visual podían facer unha lectura cómoda e orientarse polo panel mediante o tacto, os contrastes de cores e as texturas.
Grazas a esta iniciativa, as persoas con discapacidade tamén foron protagonistas da XXXI edición da Gala dos Premios Príncipe de Asturias.