Máis de 20.000 persoas con discapacidade son contratadas en 2011

Os contratos laborais de persoas con discapacidade ascenden ata os 20.120 no primeiro cuadrimestre de 2011, un oito por cento máis que no mesmo período do ano anterior, segundo informou a ministra de Sanidade, Política Social e Igualdade, Leire Pajín, durante a reunión do Consello do Real Padroado sobre Discapacidade, presidido pola raíña Sofía.

"A Estratexia global de acción para o emprego das persoas con discapacidade deu e segue dando os seus froitos: en 2010 realizáronse 60.000 novos contratos, un 20 por cento máis que o ano anterior, unha tendencia que se confirma no primeiro cuadrimestre de 2011 con 20.120 contratos a persoas con discapacidade, un aumento do 8,1 por cento respecto do mesmo período anterior", declarou a ministra.

En materia de emprego, tamén destacou outras iniciativas do Goberno, como destinar o sete por cento das prazas da oferta pública de emprego a persoas con discapacidade, reservando o dous por cento a persoas con discapacidade intelectual, ou o Real decreto de medidas urxentes para a mellora do emprego e a reforma das políticas activas de emprego, entre outras.

Pajín destacou iniciativas como o Real decreto do voto accesible, aprobado o pasado mes de marzo, a Estratexia integral Cultura para Todos ou a aprobación do proxecto de Lei integral para a igualdade de trato e a non discriminación.

Fonte