Moitos inmigrantes sofren discriminación laboral

Esta é a conclusión á que chega un estudo presentado pola Organización Internacional do Traballo, que corrobora que os traballadores inmigrantes de Europa e Norteamérica están, polo xeral, discriminados. Este informe, elaborado en dez países europeos, nos Estados Unidos e no Canadá, indica que os mozos estranxeiros, aínda tendo as mesmas competencias, educación e experiencia que os mozos nacionais cos que conviven, deben presentarse catro ou cinco veces máis a ofertas de emprego para obter unha resposta favorable. Esta discriminación afecta incluso as persoas que teñen trazos ou aparencia de seren estranxeiras, que teñen que realizar 15 ou 20 intentos máis para seren aceptadas nunha entrevista de traballo. A actual crise económica empeorou esta situación. Isto tamén o reflicte este estudo titulado «Migración laboral internacional: un enfoque baseado nos dereitos», que analiza ademais as tendencias da migración laboral, así como o seu impacto nos países de orixe e de destino.