O pasado 17 de marzo nacía a Fundación para a Diversidade, unha entidade destinada a implantar e xestionar o Charter da Diversidade entre as empresas españolas. Creada polo Instituto Europeo para a Xestión da Diversidade e a Fundación Alares, a Fundación para a Diversidade ten entre os seus principios promover a non discriminación e a inclusión de persoas con diferentes culturas e perfís. Trátase dunha ferramenta a través da cal se xerará innovación e eficacia económica nas organizacións e se potenciará unha maior integración social dos empregados.
O Ministerio de Igualdade e a Fundación para a Diversidade traballarán xuntos nesta liña e tratarán de impulsar novas estratexias co fin de promover o intercambio de culturas. Ambas as entidades presentaron o Charter da Diversidade, un protocolo de compromiso cos principios de inclusión da diversidade e antidiscriminación. O obxectivo deste código é promover a non discriminación e, polo tanto, a inclusión de persoas con culturas e perfís diversos. É unha ferramenta para a xeración de innovación e eficacia económica nas organizacións e para unha maior integración social dos empregados.


