¿Necesitas candidatos para a túa organización? Discampleo proporciónache os mellores perfís, mentres cumpres coa LISMI

O cumprimento da LISMI (Lei de Integración Social das Persoas con Discapacidade) supón todo un RETO para moitas organizacións, que en numerosas ocasións teñen dificultades para o abordar. Para moitas delas, a dificultade está en acceder a candidatos cun bo perfil para cubrir os seus postos de traballo. Para moitas outras, a complicación xorde cando non saben como xestionar estas vacantes a través de persoas con discapacidade. Por iso, Discampleo nace coa vocación de axudar ás organizacións a superar con éxito estas dificultades, poñendo en contacto a persoa demandante de emprego coa empresa dunha forma rápida e sinxela.

Discampleo é un portal de emprego específico para persoas con discapacidade que permite ás empresas comunicar ofertas de traballo accedendo a unha ampla base de datos de persoas con calquera tipo e grao de diversidade, así como de diversos perfís profesionais que están en busca activa de emprego ou queren iniciar unha nova traxectoria profesional. Sen dúbida, unha das garantías deste portal é que conta co aval da Fundación Alares, Alares Social CEE e Alares Empleo ETT, entidades expertas nesta materia que ofrecen servizos integrais para cubrir calquera necesidade da organización relacionada coa discapacidade.

Ademais, non debemos ver a LISMI como unha lei complexa que lle pon as cousas difíciles á empresa. Nada diso: a devandita lexislación protexe os dereitos de igualdade das persoas con discapacidade; o emprego é un dos piares para lograr unha sociedade non discriminatoria, moito máis xusta e de calidade.