Confiar determinados procesos a empresas profesionais pode achegarlle a unha marca a eficiencia e a rendibilidade que necesita para medrar. Os obxectivos simplifícanse e a organización dedica todo o seu potencial ao que realmente lle interesa ser: 100 % rendible e eficiente. Á fin e ao cabo, o cliente só quere un bo produto e dálle exactamente igual se a empresa confiou nunha terceira para realizar unha determinada actividade.
Así que non hai que ter medo á hora de relacionarnos con outros profesionais, porque quizais diso dependa que poidamos ser os primeiros no noso sector. E hai mil exemplos de subcontratación de procesos: o call center dunhas oficinas, a recepción e a centralita, o aprovisionamento dunha cadea de produción, a embalaxe, as nóminas dun cadro de persoal, a selección de persoal… en definitiva, calquera proceso que outra empresa, especializada neses procesos, sexa capaz de ofrecernos coa profesionalidade que estamos a buscar.
A clave dun bo proceso de subcontratación é atopar un partner que asuma a responsabilidade do servizo, que achegue valor e que xere potencial para o noso produto e a nosa empresa. É dicir, o que necesita toda empresa que queira medrar como referente.
Pero aínda pode ir máis alá se o desexa: todos estes procesos, en Alares Human Servicies podemos prestárllelos con persoas con discapacidade, sen diminuír a produtividade e aumentando enormemente a súa responsabilidade social. En Alares somos expertos nisto.
Na nosa próxima news: Como, Cando e Por que elixir a subcontratación?


