Non podes aumentar as partidas salariais? Aposta polo «salario emocional»

Se a súa empresa non pode aumentar o salario dos seus empregados, non renuncie a compensar o traballo ben feito. É o momento de apostar polo «Salario Emocional». A razón é que cada vez está máis valorado pola sociedade e axuda a empresa a mellorar as condicións do seu persoal. É máis, os chamados beneficios sociais son o que máis demanda o empregado mellor cualificado, e a Conciliación da Vida Laboral, Familiar e Persoal está á cabeza da lista. Por iso, as organizacións que queren contar co mellor capital humano non deben pensar só no valor económico do traballo, que é moito maior cando existe un bo programa de conciliación e asistencia ao empregado, senón que deben beneficiar os seus traballadores a través do que máis lles importa: a súa vida persoal e a súa familia.

En momentos de conxuntura económica e social coma estes, os empregados teñen que ver na súa organización un exemplo de responsabilidade. Diso depende que a produtividade non decaia e que a empresa se vexa reforzada por aqueles que, á fin e ao cabo, achegan ese valor engadido: as persoas. Está comprobado que o «Salario Emocional» compensa, e os empregados enténdeno como unha fórmula de compromiso coa organización, porque esta o fai por eles e polas súas familias. Ademais, debemos entender que a conciliación da vida laboral, familiar e persoal xa non é cousa do futuro, senón que é unha realidade do presente, e a sociedade demándaa con máis forza cada día.

É o momento de buscar alternativas ao soldo dos empregados, que, sendo o máis importante, pode ter aliados como os Servizos Asistenciais para a conciliación entre traballo e familia que ofrece Alares, o programa máis premiado en España e implantado para todos os empregados dun gran número de empresas do noso país.

Na nosa próxima news: Como eliminar o absentismo laboral?