Non rotundo á xornada laboral de 65 horas semanais

Onte, en Estrasburgo, o Parlamento Europeo rexeitou a proposta de ampliar a xornada laboral a 65 horas semanais. Por maioría absoluta, a Eurocámara votou en contra e apoiou a emenda dun deputado español, que obriga os gobernos dos 27 a volver ás negociacións.
Sen dúbida ningunha, trátase dunha decisión moi importante, símbolo dun modelo laboral europeo que non debe deixarse levar polas circunstancias actuais e que non só debe loitar pola produtividade, senón tamén pola conciliación familiar e laboral.