Compéncheche realizar internamente todos os procesos da túa empresa? Por que te negas a subcontratar solucións para a produtividade e o emprego? Non cres que haxa un servizo de outsourcing especializado no que fan e queren as persoas?
O outsourcing non é unha opción, senón unha fórmula que funciona perfectamente e contribúe a que calquera negocio sexa máis rendible e consiga obxectivos como:
● Aforro de custos.
● Maior flexibilidade no seu proceso produtivo
● Mellora no nivel de servizo ao cliente.
Sabemos que é moi complicado decidir se externalizamos unha parte dos nosos procesos ou non, porque é evidente que as relacións con outros axentes do noso contorno (provedores, distribuidores) se ven moi afectadas. Pero, nunha economía tan cambiante como a nosa, necesitamos ser flexibles e adaptarnos ao mercado en todo momento, para que nos permita alcanzar os nosos obxectivos e ofrecerlles aos clientes, que cada vez son máis esixentes, un nivel de servizo adecuado.
En Alares estudamos e analizamos as necesidades dos nosos clientes e axudámolos a mellorar a súa produtividade a través da externalización de servizos xerais, outsourcing de procesos administrativos (B.P.O.), servizos comerciais e procesos produtivos, loxísticos e da cadea de subministración. Ademais, a experiencia de Alares de máis de 25 anos permítenos ser unha das empresas con maior coñecemento no sector dos RRHH, ofrecéndolles aos nosos clientes distintas alternativas para a flexibilización dos seus recursos e poñendo á súa disposición todo o coñecemento acumulado para que a realización dos seus servizos teña garantía de éxito.
Proximamente: Como facer que o outsourcing nos axude a cumprir coa LISMI?



