Unha marca que queira ser rendible necesita cumprir co seu primeiro obxectivo, que non é outro que ser líder no mercado. Para iso, hai que aproveitar todos os recursos e apostar polo aforro, a flexibilidade e a produtividade. A externalización de procesos é sen dúbida a mellor maneira de conseguir estes valores. Unha oportunidade para ser líder no mercado e reforzar a marca. Para iso, o Grupo Alares, na súa división de outsourcing, é perfecto porque permite ás organizacións dedicar todo o seu potencial á investigación, á innovación, á diferenciación, á captación de novos clientes e, por suposto, a mellorar a rendibilidade, en definitiva, a posicionarnos no noso mercado cunha clara diferenza competitiva.
- Axudámosche a Aforrar en custos para que poidas superar con máis éxito estes momentos. A través dos nosos procesos, podes reducir os custos fixos e investilos no negocio principal da organización.
- Somos capaces de achegar Flexibilidade na estrutura co obxectivo de garantir unha mellor adaptación da organización aos cambios do contorno,nestes momentos algo imprescindible para ser realmente competitivos. O importante é que poidamos contar cunha organización externa que nos permita traballar cun bo método, experiencia, capacidade técnica e de xestión, variables que permitan satisfacer as necesidades formuladas.
- Alares, coa súa ampla experiencia, garante un Aumento da Produtividade, imprescindible para que a organización medre en competitividade e valor no mercado
- Axudamos a determinar que tipo de servizos poden ser externalizados de forma eficiente e sempre baseándonos en obxectivos produtivos.
En Alares contamos con profesionais de cada área de actividade e expertos en xestión de procesos que poñemos á disposición das organizacións. É dicir, levamos a cabo o desenvolvemento de actividades que para a súa empresa son importantes pero que non axudan a desenvolver o seu negocio principal e ás que non poden dedicar moito tempo, dado que non lles achegan un valor engadido diferencial. A selección e xestión dos seus recursos humanos, os procesos administrativos ou de recepción, os procesos de distribución, as forzas comerciais, a atención ao cliente, o picking, a loxística ou a produción… calquera proceso que sexa imprescindible en calquera organización pero non sexa a base do seu negocio pode ser externalizado, dentro ou fóra das súas instalacións. O que facemos en Alares é xestionar eses procesos, baseando todo o noso esforzo en mellorar a produtividade, xa que a consideramos clave no desenvolvemento das empresas e é o noso negocio principal, permitindo que a Entidade se centre naquilo que é o corazón do seu negocio cos recursos humanos axeitados para iso.
Máis información en: Grupo Alares


