É imprescindible apostar polo desenvolvemento e a eficacia dos procesos dunha organización. Sen eles, o noso produto non mellora e, polo tanto, deixamos de ser competitivos. Se a isto lle engadimos que a lexislación vixente en materia de discapacidade e igualdade nos obriga a ser máis responsables coas persoas, a través da igualdade de oportunidades e a non discriminación, obtemos como resultado un escenario perfecto no que Alares Social é a ferramenta clave.
Como Centro Especial de Emprego, Alares Social é capaz de ofrecer servizos de externalización de procesos competitivos, de gran calidade e con garantía de resultados. Por iso, xa é posible que unha empresa aforre custos, sexa máis flexible e máis innovadora a través dun profesional na xestión da discapacidade. Alares Social dálles ás organizacións a oportunidade de apostar pola integración laboral das persoas con discapacidade, mellorar os seus produtos e procesos e, por suposto, cumprir coa Lei de Integración Laboral de Persoas con Discapacidade (LISMI).
Perder o medo a ser mellores e facelo a través das persoas con discapacidade é a clave para construír un contorno máis eficiente e innovador. De feito, as boas ideas poden xurdir de accións coma estas, das que extraemos o mellor de cada colaborador. Procesos de calidade realizados polos mellores profesionais.


