Palma de Mallorca acollerá a Conferencia Europea de RSE

Palma de Mallorca converterase na sede da Responsabilidade Social Empresarial, xa que os días 25 e 26 de marzo será aquí onde se celebre a Conferencia Europea de RSE, un acto que organiza o Ministerio de Traballo e Inmigración en cooperación coa Comisión Europea. A este evento, celebrado coincidindo coa presidencia española da Unión Europea, espérase que asistan preto de 300 expertos en materia de RSE, 54 representantes dos 27 países membros da Unión, ademais de catro membros da Comisión Europea de RSE e representantes das 17 comunidades autónomas. O obxectivo non é outro que examinar as políticas públicas existentes en relación co fomento da RSE. Por outra banda, discutiranse as diferentes iniciativas existentes en materia de RSE da Comisión Europea, así como os vínculos existentes entre a cooperación ao desenvolvemento e a RSE. Escolléronse as Baleares como sede deste encontro porque foi nesta comunidade onde se creou o primeiro organismo oficial para abordar esta materia, a Dirección Xeral de Responsabilidade Social Corporativa.