Persoas Maiores Dependentes[/caption]
[/three_fifth] [two_fifth_last] [formlightbox_call title="A alternativa á residencia" class="Alternativa_Residencia"]
[/formlightbox_call]
[/two_fifth_last]
As persoas maiores e dependentes queren seguir vivindo nas súas casas. Actualmente, as persoas maiores de 65 anos representan arredor dun 20 % da poboación total e estímase que, en 2050, esta porcentaxe chegue ao 30 %. Por iso, o servizo «Alares Coidámoste na casa», como alternativa á residencia, proporciona os servizos necesarios para que unha persoa poida ter a opción de permanecer no seu domicilio habitual sen ter que ser internada nun centro de maiores, para que as persoas maiores e dependentes poidan seguir vivindo nas súas casas. Todo isto desenvólvese a través dunha metodoloxía propia, probada e testada durante anos, baixo o «Método Alares» de asistencia integral no domicilio, con supervisión total dos usuarios e coidadores as 24 horas, os 365 días do ano.
En que consiste e que beneficios está a achegar ás persoas que xa gozan del?
Poñemos un ou dous coidadores permanentes no domicilio, os que precise o usuario, as 24 horas, de luns a domingo e, ademais, poderá contratar con Alares todos os servizos adicionais que necesite, como fisioterapeuta, psicólogo, podólogo, perruquería e estética, enfermaría e pequenas curas, etc.; todo o que precise e a prezos especiais. En canto ao custo total do servizo para coidar unha persoa no seu domicilio, é moi similar ao dunha residencia, e cando se atende a dúas persoas, o custo resulta moito máis económico na súa propia casa que nunha residencia, coa vantaxe de que pode permanecer no seu domicilio, no seu propio contorno, no lugar de sempre. O usuario pode pagalo cos cheques de servizos de asistencia da súa comunidade ou co diñeiro que lle entregue o Estado a través da Lei de dependencia. Este é un servizo accesible para a maior parte das familias que están pensando internar o seu familiar. Alternativa á residencia de maiores. A mellor solución. Alares coidámoste na casa - As persoas maiores e dependentes queren seguir vivindo nas súas casas
Obxectivos do servizo «Alares Coidámoste na casa»
Con este servizo temos dous obxectivos: 1.º) Mellorar a calidade de vida, a dignidade persoal e o benestar do usuario, ao poder permanecer no seu propio domicilio, e 2.º) Manter e mellorar a función cognitiva e instruír en técnicas de estimulación da mesma. Está deseñado á medida das necesidades de cada persoa. O procedemento é moi sinxelo: un experto social de Alares visitarao no seu domicilio, sen ningún custo nin compromiso para vostede, avaliará as necesidades de asistencia que requira e enviarémoslle un orzamento nun máximo de 24 horas laborables.
Porque A TÚA CASA é a mellor residencia, O MELLOR LUGAR PARA VIVIR
O servizo Alares Coidámoste na casa, as 24 horas, INCLÚE:
-
ASISTENCIA 24 HORAS NO DOMICILIO
-
SUPERVISIÓN TOTAL E INFORMES PERIÓDICOS sobre o estado e a evolución do usuario ou usuarios.
-
ASISTENTE PERSOAL TELEFÓNICO 24 HORAS para xestionar todo o que precise: compras, xestións administrativas, procura de información, subvencións, pedir cita co médico, mercar os agasallos para os netos, etc.
-
CONSULTAS TELEFÓNICAS A ESPECIALISTAS: médicos, psicólogos, dietistas-nutricionistas e expertos sociais, para estar sempre ben asesorado ante calquera dúbida.
-
TELEFARMACIA DE MEDICAMENTOS A DOMICILIO 24 HORAS
-
TELEASISTENCIA ALARES 24 HORAS, conectada á nosa central de emerxencias para xestionar calquera urxencia.
Desde 1999, en Alares traballamos para que todas as persoas gocen no seu fogar da mellor calidade de vida. Queremos que todos sexan felices e estean tranquilos, en calquera punto da xeografía nacional. A alternativa á residencia de maiores. Alares coidámoste na casa
[formlightbox_call title="A alternativa á residencia" class="Alternativa_Residencia"]
[/formlightbox_call] [formlightbox_obj id="Alternativa_Residencia"] [/formlightbox_obj]



