Necesitas atopar unha nanny para a fin de semana?, un profesional para atender os avós maiores?, unha empresa de mudanzas?, buscar a mellor ruta para unha escapada coa túa parella?.... Agora, a misión dunha boa póliza de seguros é solucionar todas estas cuestións da vida diaria.
Remataron os días nos que un cliente contrataba unha póliza e esquecíase dela. Agora, o importante é que o asegurado poida contar con mil vantaxes que lle fagan sentirse diferente, e iso só se consegue a través de servizos deseñados especialmente para solucionar calquera cuestión cotiá. Só así se sentirá máis preto da súa compañía de seguros e fidelizará o seu compromiso.
Por iso, estamos ante unha reinvención do sector dos seguros que nos trae novidades moi interesantes. Agora, para poder ser un referente, cada compañía debe analizar que necesita o seu cliente e converterse no solucionador do día a día que todos necesitamos. Hai que ir máis alá do fogar, do automóbil ou da saúde. A clave está en ofrecer servizos que nunca antes formaran parte dunha póliza de seguros, é dicir, servizos innovadores para axudar as persoas e as familias, e así conseguir formar parte das súas vidas.
O importante é que calquera cliente se sinta a gusto co seu seguro, que encontre nel a solución perfecta para o seu día a día. Deste xeito, cando alguén contrata un seguro de decesos, poderá gozar del ao longo da súa vida, grazas ás vantaxes que lle ofrece e que pode utilizar cando mellor lle conveña. Un exemplo moi claro: un cliente pode dispoñer de consultas cun avogado ou cun médico para resolver as súas dúbidas, as 24 horas, os 365 días do ano. Para este cliente cunha póliza de decesos é unha vantaxe moi valorada, porque se sente atendido pola súa aseguradora e confía nela para os seus asuntos persoais.


