A Fundación Alares entrega a 4.ª edición dos Premios Nacionais á Excelencia na Prevención de Riscos Laborais nun momento no que o 69 % dos traballadores percibe algún risco no seu traballo
Os galardóns, que contaron coa Presidencia de Honra das Súas Maxestades os Reis de España, premiaron a prevención de riscos laborais destinada ás persoas con discapacidade.
Máis de 1,4 millóns de persoas en idade laboral en España teñen o certificado de discapacidade, o que representa o 4,76 % da poboación, e os contratos de traballo destas persoas superan os 170.000.
Na categoría de Pemes, foi premiada Ibermática Social; en Gran Empresa, Grupo Sacyr; en Institucións, Foment del Treball Nacional; e en Profesional PRL, o doutor Miguel Martín Zurimendi.
O auditorio de CaixaForum Madrid acolleu a cuarta edición dos Premios Nacionais á Excelencia en Prevención de Riscos Laborais destinada ás Persoas con Discapacidade, organizados pola Fundación Alares e que contaron coa Presidencia de Honra das Súas Maxestades os Reis de España. Fíxoo nun momento no que o 69 % dos traballadores en España perciben que están expostos ao risco de sufrir un accidente no seu traballo e o 84 % sinala sentir algunha molestia debido ás posturas e esforzos que realiza.
A Gala comezou coa intervención de Don Ignacio Tremiño, Director de Políticas de Apoio á Discapacidade do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, quen recalcou «a importancia de que as empresas estean cada vez máis concienciadas coa inclusión das persoas con discapacidade».
Donas Mar Aguilera, en calidade de secretaria da Fundación Alares, foi a encargada de ler o ditame do xurado, destacando a profesionalidade e a calidade de todas as candidaturas presentadas a esta edición.
Cualtis é a primeira empresa que aposta polo benestar das persoas con discapacidade a través duns premios. Con esta participación, Don Sixto Cantabrana, administrador de Cualtis, na súa intervención, deixou claro: «O seguimento das boas prácticas en prevención de riscos laborais é fundamental para a mellora laboral e da saúde de calquera traballador e, no caso das persoas con discapacidade, é aínda máis crucial para a súa inclusión no mundo laboral e para o mantemento do seu posto de traballo».
Don Sixto Cantabrana, administrador de Cualtis, dona Ana Lozano Enciso, directora comercial de Cualtis, don José Manuel Morán, padroeiro da Fundación Alares, e don Fernando Moreno, tamén padroeiro da Fundación Alares, foron os encargados de entregar os galardóns aos premiados nas diferentes modalidades.
Doña María Ángeles Durán, padroeira da Fundación Alares, clausurou a IV Edición destes Premios, celebrada na sede de CaixaForum de Madrid, lugar escollido para reunir os máis de 500 convidados que asistiron á Gala, presentada por Juanma Romero, xornalista e presentador de televisión.
Os premiados
O premio á Excelencia en Prevención de Riscos Laborais destinada ás Persoas con Discapacidade na categoría PEME foi concedido a Ibermática Social; o de Gran Empresa ao Grupo Sacyr; o de Institucións a Foment del Treball Nacional; e o de Profesional PRL ao doutor Miguel Martín Zurimendi.
Estes premios, que contan co Patrocinio e Colaboración Técnica de Cualtis, conseguiron converterse nun referente no mundo da prevención de riscos laborais no ámbito das persoas con discapacidade. Trátase dun recoñecemento ás boas prácticas que contribúen a mellorar a calidade no emprego, facilitando a inclusión laboral e a continuidade no posto de traballo.
Destacan a avaliación inicial do posto de traballo e dos riscos derivados do mesmo, intervencións que favorecen a igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade en relación co acceso e a permanencia no posto de traballo, desde a correcta adaptación do posto (ergonomía), unha adecuada protección persoal para evitar accidentes laborais, ata unha formación accesible que atenda as necesidades concretas da persoa de acordo coa súa discapacidade.
Comité de expertos
Este ano o comité de expertos estivo composto por:
Don Moisés Escobar Escribano, Defensor da Persoa con Discapacidade de Alcorcón, don José Manuel Morán, conselleiro do Consello Económico e Social de España, dona Mar Aguilera, directora xeral da Fundación Alares, dona María del Mar Alarcón Castellanos, directora xeral de Traballo e xerente do Instituto Rexional de Seguridade e Saúde no Traballo da Comunidade de Madrid (acompañada por don Juan Antonio Benítez González, secretario xeral do IRSST), dona Carmen Yago, xefa de División de Prevención de Riscos da Empresa Municipal de Transportes de Madrid, dona Pepa Torres, directora xerente de FEACEM, don Mario Cabezos Cañavate, xerente de Prevención e Medio Ambiente de Mutua Madrileña, don Sixto Cantabrana, administrador de Cualtis, e don Javier Benavente Barrón, presidente da Fundación Alares.
*Segundo un estudo da Universidade Internacional de Valencia.



