O pasado luns a Editorial MediaResponsable celebrou a XX Xornada Corresponsables, un acto que serviu ademais para presentar o Anuario Corresponsables 2011, publicación de referencia no mundo da RSE. Esta última edición inclúe as principais conclusións do V Informe Corresponsables, o maior estudo sobre RSE elaborado ata a data coa participación de 287 expertos. Pero ademais, recolle tribunas de organizacións nacionais e internacionais, así como 90 casos de boas prácticas de empresas, administracións públicas, o mundo académico e os medios de comunicación.
Con máis de 300 páxinas na súa versión impresa, a sexta edición deste anuario fai balance da evolución da responsabilidade social desde o punto de vista non só das empresas, senón tamén dos distintos grupos de interese. Esta última edición móstrase moi optimista en torno ao futuro da RSC como creadora de valor para as empresas. De feito, esta publicación asegura que o 60% das persoas enquisadas cre que a súa empresa avanzará en RSE o vindeiro ano.
Por outra banda, este documento sinala que seguen sendo o medio ambiente, os recursos humanos e a acción social os ámbitos da RSE máis importantes segundo as persoas enquisadas. E ademais, como retos da RSC, indica que o máis mencionado polas persoas enquisadas é incluír a RSC no modelo de xestión.
Presentación do anuario Corresponsables 2011