Produtos máis humanos para consumidores máis esixentes

Sabemos que o perfil do consumidor cambia cada vez máis axiña. Agora, o noso contorno esixe produtos máis comprometidos coa sociedade, coa familia, coas persoas máis desfavorecidas; en definitiva, máis humanos. E é evidente que ás persoas sempre lles preocupa o que teñen máis preto, é dicir, tendemos a protexer o que nos rodea e a nosa familia é fundamental. Por iso, todas as ferramentas que sirvan para axudar no día a día e proporcionen a seguridade e a tranquilidade que tanto se valoran serán moi ben recibidas polo consumidor. Así pois, a fidelización dos seus clientes vén en gran medida de ofrecer un valor engadido diferente, capaz de ser responsable co benestar social e de mellorar a calidade de vida das persoas. Deste xeito, o seu produto será percibido como un ben para todas as persoas do que non quererán prescindir.

E como facemos que unha póliza de seguro do fogar, un produto bancario ou un servizo de telefonía se perciban como produtos preocupados pola calidade de vida do consumidor? A clave está no valor engadido que poida diferencialos da competencia e que o cliente vexa como un beneficio para a súa vida diaria. Por iso, apostar por produtos máis comprometidos coa calidade de vida das persoas é a tendencia que vai dominar o mercado nun futuro moi próximo. É máis, só as marcas capaces de dialogar co consumidor e de lle dar o que necesita serán percibidas como imprescindibles. Por iso, servizos como o coidado de persoas, as coidadoras, os servizos de bricolaxe ou as consultas con profesionais da saúde… son claves á hora de diferenciar unha marca que queira estar máis preto do seu cliente.

En Alares comprendemos que, ademais de atraer novos consumidores, é importantísimo reter os que xa se teñen. De aí a tendencia que as marcas deben seguir á hora de premiar a fidelidade do usuario, apostando pola responsabilidade. Os seres humanos queren consumir produtos humanizados.

Máis información en: Grupo Alares