Programa de Reforzo e Mellora das Habilidades Sociais

PROGRAMA A Fundación Alares e a Fundación Mapfre, a través da Convocatoria de axudas a proxectos de formación para o emprego de persoas con discapacidade 2014, iniciarán o Programa de Reforzo e Mellora das Habilidades Sociais dirixido a persoas con discapacidade psíquica e intelectual. O obxectivo deste programa é reforzar as habilidades sociais das persoas con discapacidade para incrementar as oportunidades de emprego e/ou manter o posto de traballo. Nos meses seguintes desenvolveranse 4 obradoiros, cunha duración de 10 horas cada un, distribuídos en dúas xornadas de 5 horas cada unha.