Pode ser imprescindible unha póliza de automóbil na vida diaria do cliente?

Rotundamente SI. E non só nos automóbiles: a fidelización dun cliente é imprescindible en produtos como a telefonía, a electricidade, o gas ou unha conta bancaria. A clave está en ofrecer servizos diferenciadores, que saian do habitual e que estean deseñados para satisfacer as necesidades básicas das persoas e das súas familias. É dicir, un produto 100 % solucionador de todo o que acontece na vida dunha persoa. Pero analicemos a función dunha póliza de automóbil, porque xa é posible reparar os danos dun coche accidentado, ao mesmo tempo que o seu condutor ten un Servizo de Axuda no Fogar mentres se recupera das lesións. É máis, podemos coidar do seu fillo ou levalo ao colexio mentres estea inmobilizado, para que non teña que preocuparse por nada.

Por iso, para un seguro de automóbil, diferenciarse da competencia a través de vantaxes emocionais dirixidas directamente ao que máis quere o cliente, a súa familia, é imprescindible. A oportunidade está en formar parte do día a día da familia, solucionando calquera problema cotián. Así que hai que ser capaz de coidar dos fillos cando están enfermos, das persoas maiores cando non poden vivir soas, da casa para que estea perfecta ou ser o mordomo persoal que todos necesitamos. Deste xeito, o cliente comprende que non pode vivir sen as vantaxes da súa póliza, porque nela atopa todo o que necesita. E o máis importante: pode utilizar, coñece e benefíciase da cota que ten que pagar cada ano. Por iso percibe moito mellor o momento de renovar coa súa compañía de seguros.

Ao fin e ao cabo, todo produto ten por obxectivo fidelizar o seu consumidor. É o que fai dunha marca un referente no seu sector e evita que estea en perigo nos momentos complicados. Fidelizar é chegar ás emocións dos clientes, e os servizos para as persoas chegan ao máis profundo, potencian a relación entre a empresa e os clientes e fanse imprescindibles. Iso é un bo plan de fidelización!

Na nosa próxima noticia: A nova telefonía fideliza o seu cliente