Falta de conciliación = nai con máis de 35 anos

O recente informe Euro-Peristat sitúa España á cabeza dos países europeos onde as mulleres deciden ser nais con máis de 35 anos. Isto quere dicir que o 29,5 % das españolas son consideradas nais «vellas», un factor que afecta directamente á saúde do bebé. Así que estamos moi lonxe da media dos países nórdicos, onde as mulleres deciden ser nais antes de cumprir os 30 anos.

E como lle afecta ao bebé?

Pois a principal consecuencia é que un número elevado de bebés españois nace por debaixo dos 2,5 quilos, polo que a súa saúde se resente e necesitan máis atención. Ademais, as autoridades sanitarias alertan de que, debido a tantos embarazos mediante reprodución asistida, España está á cabeza, cun 8 % de nacementos prematuros, é dicir, con menos de 35 semanas de xestación.

A solución:

Con medidas de Conciliación da Vida Laboral e Familiar, capaces de facilitarlles ás mulleres a maternidade, sen ter que renunciar á súa carreira profesional, á súa vocación ou ao seu proxecto de vida. E, por suposto, sen esquecer os homes, para quen en moitas ocasións tamén resulta complicado exercer a paternidade no seu contorno laboral.

Con esta publicación, queremos deixar claro que a prioridade dunha sociedade sa e equilibrada debe basearse na saúde dos seus futuros cidadáns e na igualdade de condicións. Por tanto, eduquemos en CONCILIACIÓN

Premios Nacionais Alares á Conciliación da Vida Laboral e Familiar, e á Responsabilidade Social.