
Como xa comentamos o pasado 20 de novembro, a Unión Europea lanzou na súa páxina web un cuestionario de consulta pública para que todas as persoas interesadas dean a súa opinión sobre a
nova Estratexia en materia de Discapacidade da Unión Europea 2010-2020.
A partir de hoxe, este cuestionario tamén se pode consultar en
castelán. Desde a
Fundación Alares queremos animar a todo o mundo a participar nesta enquisa, xa que será determinante para establecer os principais obxectivos da lexislación para as persoas con discapacidade nos vindeiros 10 anos.
Para acceder á
consulta pública, prema
aquí
Para consultar o
cuestionario en español, prema
aquí