Para conseguir que un negocio medre de forma sostible é vital que saiba como captar e fidelizar os seus clientes, un dos retos que ten calquera empresa, sexa cal sexa a súa actividade.
Atrás quedan os agasallos, xogos de cubertos, tixolas... etc. que utilizaban as empresas como método de fidelización dos seus clientes. Os servizos destinados a iso teñen que contar cun determinado valor engadido que vaia máis alá dun agasallo puntual.
Alares, por iso, dá un paso adiante nesta liña e ofrece servizos de fidelización que cobren un maior número de necesidades das que podería cubrir calquera agasallo tanxible. Céntrase no individuo, nas súas necesidades e emocións, en descubrir a través de experiencias persoais e familiares o gran valor do cliente como persoa.
Nun estudo elaborado por Alares, púidose extraer que as empresas que ofrecen aos seus clientes servizos asistenciais centrados na persoa fan que os seus produtos adquiran un importante valor engadido e diferencial.
Estes servizos de fidelización axudan a mellorar a imaxe positiva e a reforzar a marca empresarial, xa que mostran a súa preocupación polo cliente, polas súas necesidades e polas da súa familia. Con estes servizos, ademais de fidelizar os clientes a través do incremento da relación con eles, fomentan o boca a boca e axudan a captar outros novos grazas a esa percepción positiva e de alto valor.
Actualmente, 4,5 millóns de persoas benefícianse dos servizos que ofrece Alares durante as 24 horas do día, os 365 días do ano, en España e Portugal.
Os servizos máis demandados e valorados polos clientes son aqueles que resolven as diferentes situacións particulares e familiares da vida frenética que a maioría das persoas teñen hoxe en día.
Formula algunha destas preguntas:
Non podes ir buscar os teus fillos ao colexio e precisas que alguén vaia?
Traballas todo o día e tes o fogar desatendido?
O teu pai ten que ir ao hospital e ti non podes acompañalo?
Vas de vacacións e non sabes cales son as mellores ofertas?
Necesitas o mellor fotógrafo para a túa voda e non sabes como atopalo?
Tes dúbidas legais sobre unha herdanza familiar?
Tes un evento importante, pero a túa nai está enferma e non podes deixala soa?
Tes dúbidas sobre que dieta seguir e se esta vai afectar á túa saúde?
Seguro que lle gustaría que cada pregunta tivese unha resposta detrás da cal houbese unha persoa que se preocupase dos seus clientes, das súas familias, das súas necesidades e do que queren. Alares é capaz de facelo. Pon os mellores profesionais ao coidado dos seus clientes e dos seus familiares, solucionándolles os problemas diarios e preocupándose pola súa felicidade.
Se a súa empresa é capaz de resolver estas cuestións de maneira profesional e eficaz para os seus clientes, estes verán como quedan cubertas as súas necesidades persoais e familiares, polo que automaticamente a súa marca adquire unha percepción positiva, xa que é ela quen coida do cliente e dos seus.
Todos somos diferentes; os seus clientes tamén o son e, por iso, adaptámonos á súa empresa ofrecendo paquetes que integran os servizos que a súa organización elixa. Entre eles, un asistente persoal durante as 24 horas do día, servizo de asistencia e coidado persoal no domicilio, coidado de nenos e melloras no domicilio, xestións administrativas, tratamentos especializados, teleasistencia, servizo de manitas, rede privada concertada de centros médicos e de beleza e dentistas, telefarmacia, segunda opinión médica internacional... etc.
Aínda que cada un cobre necesidades diferentes e son igualmente necesarios no día a día de calquera persoa, o servizo do teu asistente persoal e os servizos de asistencia e coidado persoal no domicilio sitúanse como os máis valorados polos 4,5 millóns de beneficiarios dos servizos.