
Baixo a iniciativa Selfie polo Día Europeo da Diversidade, a Fundación Diversidade quere que persoas de diferente xénero, etnia, discapacidade, raza, orientación sexual, relixión, cultura, idade… etc. se animen a compartir o seu #SelfieporlaDiversidad nun contorno diverso e enriquecedor onde os haxa: as redes sociais.
O obxectivo desta campaña, que comeza hoxe, é que a sociedade apoie e tome conciencia de que a diversidade forma parte de todas as persoas. A través da imaxe creada para este día e co cancelo #SelfieporlaDiversidad preténdese que o maior número posible de persoas faga viral o cancelo e suba «autofotos» cos seus compañeiros, familia, amigos, etc., demostrando así que a Diversidade está en todas partes. Sumámonos así á divertida tendencia do «selfie», pero engadindo riqueza ao concepto coa intención de dar a coñecer a Diversidade a todo o mundo.
Ademais desta campaña, no Día Europeo da Diversidade, a Fundación Diversidade, entidade promovida pola Fundación Alares, celebrará unha xornada o vindeiro 11 de xuño en colaboración coa Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade.
Sube o teu Selfie ás túas redes sociais favoritas usando sempre o cancelo #SelfieporlaDiversidad
Descóbreo en Facebook Descóbreo en Twitter

Descarga e comparte o avatar


