VI Semana Internacional da Muller
Fundación Alares e Fundación para a Diversidade convídanvos a asistir á VI Semana Internacional da Muller, organizada pola FUNDACIÓN WOMAN´S WEEK.
Unha aposta clara por sumar os diferentes axentes da sociedade unidos polo compromiso pola igualdade. Porque o Compromiso é algo que nos ten que unir a todas as persoas que traballamos pola Igualdade, os dereitos da Muller, a Ética na vida social e na empresa; non vos podedes perder este encontro.
Este ano contamos con dúas sedes para celebrar as diferentes xornadas que terán lugar do 7 ao 11 de marzo. O auditorio da Casa de Vacas (El Retiro) acolle de luns a xoves os debates sobre Liderado, Saúde, Comunicación e Responsabilidade Social Corporativa, mentres que o espazo para emprendedores de Google (Campus Madrid) acollerá os obradoiros e as sesións de networking destinadas a desenvolver a túa idea de negocio, durante o venres 11 de marzo.
Animámosvos a asistir ás xornadas e a sumádesvos ao compromiso pola igualdade.



