Servizos para o benestar das persoas.
Entrevista de Javier Benavente Barrón en EntreMayores, xornal especializado nas persoas maiores, nos profesionais e nas empresas do sector.
Desde Alares apostan, desde hai 15 anos, pola calidade de vida e a independencia das persoas. De que forma materializan este compromiso?
Proporcionando servizos asistenciais ás persoas nos seus propios domicilios que responden ás necesidades reais do seu día a día. En definitiva, son servizos imprescindibles para a felicidade, o benestar e a tranquilidade de calquera persoa. Entre eles destacan miAsistente, un xestor persoal para todo o que precise calquera persoa e a súa familia durante as 24 horas. Os servizos estrela, nos que realmente Alares é líder en asistencia privada nos domicilios, son os de Asistencia e Coidados no Domicilio ante unha convalecencia ou para persoas dependentes: servizos de Axuda a Domicilio, apoio e tratamentos especializados, e control de urxencias e teleasistencia de persoas en risco, tanto na casa como no exterior —con localización xeográfica—. Estes servizos prestámolos as 24 horas do día, os 365 días do ano e en toda a xeografía nacional. Somos a única empresa en España que hoxe pode garantir esta cobertura con prestación directa e persoal propio, o que garante un control e unha calidade total sobre os servizos.
Respecto do servizo “Alares Coidámoste na Casa”.
En que consiste e que beneficios está reportando ás persoas que xa gozan del?
As estatísticas din que nove de cada dez persoas dependentes prefiren estar no seu propio domicilio antes que nunha residencia. É por iso que, dentro dos servizos que prestamos, “Alares Coidámoste na Casa”, como alternativa á residencia, é o máis interesante desde o punto de vista social e o de maior impacto. É o que calquera persoa dependente desexaría; e esa é a nosa misión: facelas felices na súa casa, que é onde queren estar. Para iso desenvolvemos unha metodoloxía, probada e testada durante anos, que denominamos Método Alares de asistencia integral no domicilio, con supervisión dos usuarios e dos coidadores as 24 horas, os 365 días. Poñemos un ou dous coidadores permanentes no domicilio e, ademais, poderá contratar con Alares os recursos adicionais de tratamentos especializados que precise (fisioterapeuta, psicólogo, podólogo, enfermaría, etcétera) a prezos especiais.
Aquí podes ler a entrevista completa
Proporcionamos servizos imprescindibles para o benestar das persoas