Servizos de alto valor engadido: A clave para a diferenciación e o liderado empresarial

Foto-Reto-Alares (3) Un estudo recente publicado por INESE «Cifras clave do sector asegurador español 2013» pon de manifesto que as aseguradoras empeoran nun 12,91 % o seu resultado da conta técnica. O estudo que elabora anualmente INESE mostra que o resultado da conta técnica das aseguradoras se reduciu o ano pasado nun 12,91 %, ata situarse en 4.907,6 millóns de euros. Estes datos, que configuran un panorama cando menos pouco positivo, poñen sobre a mesa a necesidade de analizar a fondo o problema e buscar, polo tanto, solucións. A satisfacción do cliente: o primeiro A experiencia do cliente é o factor determinante que inflúe sobre a imaxe que este ten da marca. Os clientes, con diferenza, prefiren aquelas marcas que se mostran próximas, se prestan a interactuar e se preocupan pola súa satisfacción. Así o reflicte o estudo elaborado por Path to Purchase Institute (P2PI) conxuntamente con Croxxmarkd e Maketing Werks. A clave está, polo tanto, na satisfacción do cliente, e cando se chega verdadeiramente ás emocións destes e se cobren as súas necesidades reais, chegamos a ela. En Alares contamos, entre o noso amplo grupo de clientes, con numerosas aseguradoras que ano tras ano melloran notablemente a súa conta de resultados con servizos que satisfán verdadeiramente as necesidades do día a día dos seus clientes. Se un cliente ten un produto/servizo de calquera empresa e este, como valor engadido, conta cunha serie de servizos que se preocupan tanto del como da súa familia, sempre será algo que recibirá de maneira moi positiva. Por iso, agora máis ca nunca, as empresas teñen que investir no que máis importa: as persoas. Como o facemos? Nesta liña, ofrecemos a oportunidade de chegar ás emocións dos clientes, xa que somos expertos na prestación de servizos persoais imprescindibles na vida diaria e coidamos do que máis lles preocupa: a súa familia. Ofrecemos ás aseguradoras diferenciarse da competencia e reforzar a fidelización, retención e captación dos clientes das súas empresas, xa que axudamos a construír relacións fortes e duradeiras co seu público obxectivo, independentemente de como sexa o produto que comercializan. Potenciamos a marca e achegamos valor ao negocio, sorprendendo os clientes e superando as súas expectativas, para que a súa satisfacción sexa máxima. Xeramos máis produtividade e novos ingresos. Os nosos servizos, unidos a calquera seguro, satisfán as necesidades dos clientes e das súas familias, e fan que se sintan coidados e valorados en todo momento. Potenciamos a túa Responsabilidade Social Corporativa (RSC), ao axudar os clientes e os seus familiares a ter unha mellor calidade de vida e independencia, axudándoos a conciliar a súa vida persoal, familiar e laboral. Todo isto tradúcese nun dobre beneficio: responsabilidade social e produtividade Ademais, todos os servizos poden computar como Compra Responsable, xa que os podemos prestar a través do noso Centro Especial de Emprego, Alares Social, onde máis do 90 % do noso cadro de persoal son persoas con discapacidade. Isto permitirá a calquera compañía aumentar a porcentaxe de cumprimento da nova lei de integración das persoas con discapacidade e da súa inclusión social.