Sodexho Pass, novo Socio Protector da Fundación Alares

Sodexho Pass, empresa dedicada á xestión de beneficios sociais e incentivos, incorporouse como «Socio Protector» da Fundación Alares®, reforzando así a súa participación no desenvolvemento dun programa de colaboración interempresarial que permita acadar os obxectivos fundacionais mediante estudos e proxectos. Isto permite coñecer de primeira man cales son as oportunidades e dificultades que implican os exercicios de responsabilidade empresarial e como redundan na mellora das condicións de vida colectiva.

A detección das necesidades mutuas de empresas e traballadores é básica para aplicar un modelo real de actuación e resulta clave para que as actuacións se baseen nunha rigorosa detección e diagnóstico dos intereses dos dous grandes colectivos que a integran. O obxectivo é favorecer dun xeito práctico e realista as necesidades e os intereses das organizacións e das persoas.
Os Socios Protectores que integran a Fundación son un grupo reducido e selecto de directivos de primeira liña, procedentes dos distintos sectores económicos do noso país, interesados en implicarse na consecución dos obxectivos da devandita Fundación como parte da súa Responsabilidade Social Empresarial.

Coa incorporación de Sodexho Pass como novo Socio Protector, a Fundación Alares® aumenta o seu compromiso e a súa participación activa no desenvolvemento destes novos proxectos.

Para máis información:
Natalia Fuentes Pampliega
Directora de Marketing e Comunicación de Alares®
91 275 05 55 E-mail: nfuentes@alares.es
Ana Mateo Sánchez
Departamento de Comunicación
91 275 05 83 E-mail: amateo@alares.es
Patricia Cerrada
Responsable de Marketing e Comunicación de Sodexho Pass
pcerrada@sodexhopass.es