Aumenta o desemprego entre as persoas con discapacidade

A actual crise económica está a provocar o despedimento dun elevado número de persoas con discapacidade. Este fenómeno dificulta en gran medida a integración deste colectivo e anula calquera política de igualdade de oportunidades e dereitos.
Segundo o Inem, en 2007, o número de persoas con discapacidade que buscaban emprego era de media de 84.893 ao mes, é dicir, o 2,7 % do total das persoas demandantes. Ao rematar o ano 2007, rexistráronse 164.281 contratos de traballo a persoas con discapacidade. Estes datos sinalan que cada vez son máis as persoas con discapacidade que saen á rúa para buscar un traballo digno, que lles sirva como ferramenta para integrarse na sociedade. As institucións reclámanlles aos empresarios unha maior sensibilidade ante o problema e lembran que a diversidade é unha auténtica fonte de riqueza. Aínda así, as taxas de desemprego entre as persoas con discapacidade están moi por riba das que presenta a poboación en xeral e seguen aumentando.
En Alares, traballamos pola integración e a calidade de vida das persoas. Para iso, cumprimos coa LISMI e no noso cadro de persoal contamos co 2 % de persoas con algún tipo de discapacidade.