Grazas a un acordo que asinou con Alares, os traballadores de Tinsa poderán gozar de servizos para a Conciliación da vida persoal, familiar e laboral destinados a garantir unha maior calidade de vida tanto para eles como para as súas familias.
Estas solucións son xestionadas a través de Alares Social Centro Especial de Emprego (CEE), polo que, ademais de demostrar a implicación da compañía na mellora do benestar dos seus empregados, tamén manifesta un maior compromiso coa RSC, a través da súa aposta pola integración laboral das Persoas con Discapacidade.
Madrid, 13 de outubro. A ferramenta máis valiosa de calquera empresa é o capital humano. Tinsa, compañía multinacional líder en valoración e asesoramento inmobiliario, consciente diso, asinou un acordo con Alares, líder español en Asistencia privada ás Persoas e Familias en toda España e Portugal, para facilitar aos seus empregados a Conciliación da Vida Persoal, familiar e laboral e facerlles o día a día un pouco máis doado.
A compañía, con este acordo, permite aos empregados dispoñer dunha serie de servizos asistenciais esenciais na súa vida diaria, as 24 horas dos 365 días do ano, proporcionándolles as solucións necesarias de asistencia persoal e familiar que precisan, para que estean máis tranquilos e satisfeitos coa súa actividade profesional e persoal. Ademais, estas medidas permitirán conseguir unha mellora da produtividade e a redución dos niveis de absentismo, xa que está demostrado que no 50 % dos casos é provocado por problemas familiares.
Para iso, Tinsa confiou nos servizos para a Conciliación de Alares, tanto pola súa dilatada experiencia de máis de 15 anos, como por ser a única compañía que garante a prestación directa destes servizos con persoal propio e, polo tanto, da máxima confianza, en calquera lugar de España e Portugal onde se atopen os seus empregados ou os seus familiares. Ademais, ao seren xestionados a través de Alares Social (CEE), permitirán á compañía aumentar a porcentaxe de cumprimento da Nova Lei Xeral de dereitos das Persoas con discapacidade e da súa inclusión social, en liña co que promove o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.
Servizos dos que pode gozar todo o cadro de persoal de Tinsa e os seus familiares
Calquera empregado de Tinsa, o seu cónxuxe ou parella de feito, os seus fillos menores de 30 anos, os seus pais e os seus sogros, terán ao seu dispor un Asistente Persoal para todo o que poidan precisar, como, por exemplo, solicitar que lles compre os agasallos de Nadal, que lles busque e reserve as vacacións, que lles localice un fontaneiro ou que lles consiga unhas entradas para un concerto. Igualmente, terán ao seu dispor servizos como a selección dunha persoa que se ocupe de atender os seus fillos e/ou pais ou solicitar os servizos de Axuda Persoal a Domicilio por convalecencia dalgún deles, cun importante número de horas gratuítas de asistencia. Do mesmo xeito, terán Tratamentos Especializados a Domicilio de fisioterapeutas, psicólogos, ATS, perruquería, Tele-Farmacia, profesores, logopedas… que se encargarán de axudarlles e coidalos. Ademais, un Servizo de Consultas Telefónicas gratuítas estará dispoñible as 24 horas dos 365 días do ano, para que o empregado poida resolver calquera dúbida que teña cos profesionais de Alares, como médicos, psicólogos, expertos sociais, avogados, nutricionistas ou informáticos… e tamén terán a posibilidade dunha Segunda Opinión Médica Internacional con especialistas de recoñecido prestixio mundial ante enfermidades graves propias ou dos seus familiares. Todo un mundo de servizos agora xa ao alcance de todo o cadro de persoal de Tinsa.


