Hoxe, 30 de xaneiro, os colexios e centros educativos de todo o mundo celebran o Día Escolar da Non Violencia e da Paz (DENIP). Coincidindo co aniversario do asasinato do líder nacional e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, o 30 de xaneiro de 1948, o DENIP é unha iniciativa que naceu da man de Llorenç Vidal en 1964. O obxectivo desta celebración é fomentar a educación na concordia e para a concordia, a tolerancia, a solidariedade, o respecto polos dereitos humanos, a non violencia e a paz.
O profesor español púxoa en marcha cando aínda non existían iniciativas similares nos centros educativos. O Día Escolar da Non Violencia e da Paz é a experiencia educativa para a paz máis importante do noso tempo, así como un núcleo dinámico de promoción da paz a nivel nacional e internacional.
Desde Alares apoiamos iniciativas coma esta e apostamos pola igualdade entre as persoas, por un mundo máis solidario, tolerante e xusto, e porque os nenos poidan gozar dunha escola libre e pacífica.
Tolerancia e solidariedade nos colexios