Para ser unha organización socialmente responsable é imprescindible ter en conta as persoas con discapacidade. Unha fórmula que converte unha empresa no seu valor diferencial e pola que a sociedade recoñece cada vez máis as marcas no mercado. Por iso, en medio dunha crise como a que estamos a vivir, a empresa que consiga destacar por ser responsable coas persoas con discapacidade poderá ofrecerlle ao seu cliente un produto máis atractivo, un produto cargado de emocións e responsabilidade. E como facer posible a integración na súa empresa? A resposta está tanto nas Empresas de Traballo Temporal especializadas na selección e contratación de persoas con discapacidade, como Alares Empleo ETT, ou nas solucións que ofrecen os Centros Especiais de Emprego, como Alares Social, cuxos servizos de asistencia aos empregados para conciliar a súa vida persoal e familiar, formación a calquera nivel ou programas especiais de fidelización de clientes baseados nos Servizos á Persoa son o medio para converter a discapacidade nunha verdadeira oportunidade.
Así que o cumprimento da LISMI (Lei de Integración Social das Persoas con Discapacidade) pode ser a mellor política de responsabilidade social que unha organización poida levar a cabo. Medidas que fan que unha empresa poida presumir de ser un valor duradeiro, porque a súa política social reside nas persoas, que son, en definitiva, as que aumentan a produtividade.
Na nosa próxima news: axúdote a contratar persoas con discapacidade?


