A igualdade segue a situarnos como un país de última fila. Desta vez, os datos do índice sobre igualdade de xénero que elabora anualmente o Foro Económico Mundial (WEF) foron demoledores. Retrocedemos 14 postos e a nosa cualificación non é nada do que poidamos sentirnos orgullosos. A actual crise económica e a precariedade laboral provocaron que as desigualdades se acentuasen e, no caso da poboación feminina, de forma moito máis intensa.
Segundo o «Informe Global sobre a Desigualdade de Xénero 2012», que recolle os datos de 135 países (o 93 % da poboación mundial), a caída de España nesta clasificación débese á diminución no número de mulleres en postos de responsabilidade ministerial.
Por iso, desde este blog queremos poñer de manifesto a necesidade de traballarmos xuntos por unha sociedade máis conciliadora, onde as persoas poidan compaxinar o traballo coa familia. Deste xeito, a igualdade poderá ser unha realidade porque non terá que competir coa dispoñibilidade para o traballo.
Tanto a Fundación Alares como a Fundación Diversidade denunciamos esta situación e animamos as organizacións a que sigan traballando pola igualdade.


