Unha rede social para a RSE

Lanzan a primeira rede social en español dedicada á RSE, con temas sobre solidariedade, o medio ambiente e os servizos ás persoas. Chámase Focax Beta www.focax.com e nela podemos atopar contidos específicos sobre sustentabilidade económica, social e ecolóxica. Na nova web 2.0 podemos ver vídeos, manter multiconferencias con persoas afíns, publicar noticias sociais, atopar información sobre campañas de solidariedade ou participar en proxectos de voluntariado. Unha rede que funciona como alternativa ás grandes redes sociais.