SEGG, CEAFA e SEN volven unirse para organizar o V Congreso Nacional de Alzheimer, un punto de encontro onde se reúnen todas as persoas vinculadas directa e indirectamente coa enfermidade de Alzheimer.
Do 25 ao 27 de outubro de 2012 familiares de persoas coa enfermidade de Alzheimer, profesionais sanitarios e traballadores do movemento asociativo dirixiremos os nosos pasos ata o Palacio de Congresos-Auditorio Kursaal de San Sebastián para compartir non só un intenso programa de traballo, senón tamén o compromiso de combater a enfermidade e contribuír a mellorar a calidade de vida de quen a padece.
Así, o V Congreso Nacional de Alzheimer márcase un dobre obxectivo fundamental:
- Por unha banda, reivindicar o papel de todos os profesionais sanitarios no itinerario que percorre o paciente con enfermidade de Alzheimer no noso Sistema de Saúde
- Por outra, recoñecer e reforzar o familiar coidador como axente activo no proceso sociosanitario, pero tamén como obxecto de atención deste.
Porque podemos compartir os nosos esforzos para afrontar a enfermidade, tratar o paciente e coidar o coidador.
Máis información aquí


