Xa son moitas as empresas que confían en Alares Social

Cada vez son máis as empresas que utilizan a externalización de servizos, o que lles permite centrarse no seu Core Business e xerar así un maior valor. Ao seren prestados por persoas con discapacidade, estes servizos contabilizan para as organizacións contratantes como compra responsable, xa que o Centro Especial de Emprego (CEE) é unha entidade da Economía Social. Deste xeito, a empresa aumenta a porcentaxe de cumprimento da nova Lei de Dereitos das Persoas con Discapacidade, LGDPD (antiga LISMI), e reafirma o seu compromiso coa sociedade e coa súa RSE. Alares Social está a traballar conxuntamente, mediante diferentes contratos de outsourcing con distintas empresas, na prestación de servizos externalizados cunha excelente relación prezo-calidade-servizo, como atención ao cliente, mantemento de bases de datos, loxística, servizos xerais, recepción en grandes empresas, etc. Alares Social tamén incorpora nas súas prestacións o apoio doutros servizos orientados á mellora da súa RSE. O 95 % dos directores de RRHH das empresas ás que prestamos servizos afirma que elixe Alares Social «por considerar que a súa experiencia e especialización en diferentes áreas de outsourcing reforzarán o seu negocio». Ademais, a externalización destes servizos permite ás empresas ofrecer un servizo de maior calidade, xa que contan cos profesionais máis especializados nesa actividade e poden concentrar así todos os seus esforzos nas actividades clave do seu negocio. Os servizos que presta Alares Social axudan á integración das persoas con discapacidade no mercado laboral e funcionan todos eles baixo os máximos estándares de calidade. Alares Social, Centro Especial de Emprego (CEE), sabe que o segredo do éxito na externalización reside na necesidade de establecer unha relación coa empresa que vaia máis alá da externalización puntual do servizo. Por iso, concibe a externalización como unha inmersión na empresa, na que todo o noso equipo se implica totalmente cos seus obxectivos e se aliña coa estratexia da compañía, afirma Beatriz Coleto, directora de Alares Social. Para Beatriz, o primeiro paso é definir o servizo que se vai externalizar e a estratexia que se vai seguir. Elixir un Partner de calidade cun cadro de persoal cualificado é, sen dúbida, un compoñente fundamental para o éxito. En Alares Social, CEE, se a empresa o necesita, axudámoslle a deseñar o proceso que se vai externalizar, establecendo obxectivos e controlando o servizo, e propoñendo accións correctoras que nos permitan alcanzar o obxectivo marcado. O persoal que traballará para conseguir estes obxectivos terá a cualificación necesaria e adaptarase perfectamente ao seu posto de traballo, explica Gabriel Fernández, experto en Outsourcing e director xeral de Alares. Os servizos de outsourcing con persoas con discapacidade reforzan a responsabilidade corporativa de calquera empresa e fomentan a contratación destas persoas. Ademais de mellorar a produtividade e os estándares de calidade da compañía, permitirán ás organizacións contabilizar para un maior cumprimento da antiga LISMI.