Zaragoza acolleu o primeiro congreso sobre RSE nas pemes

Os pasados 27 e 28 de maio celebrouse na capital aragonesa o primeiro congreso nacional sobre RSE posto en marcha por iniciativa privada. Este foro, dirixido á xestión da responsabilidade social corporativa dentro das pequenas e medianas empresas, achegou distintas perspectivas sobre como desenvolver ferramentas nesta materia, así como sobre os beneficios que unha boa implantación de políticas de RSE xera para as empresas. Este encontro profesional de carácter formativo serviu para achegar a todos aqueles axentes relacionados coa RSC experiencias prácticas e estratexias de RSE. Para iso, organizáronse conferencias, mesas redondas e obradoiros impartidos por profesionais do mundo académico e empresarial. Durante o congreso quíxose resaltar a importancia da implantación de medidas de RSC nas empresas españolas, porque as estratexias e políticas de RSE son a ferramenta perfecta para conseguir que as empresas se diferencien da súa competencia.